Monday 29 de April de 2024

Aberto o prazo de inscrición para a actividade municipal de decoración de cabazas dentro da programación do Samaín


• O prazo para participar finalizará o 29 de outubro. As obras quedarán expostas na Fraga do Xarío desde o día 30 ata o 2 de novembro.

• As persoas interesadas terán que enviar un correo a comunicacion@concellodemino.gal co asunto “ Cabazas” indicando nome e número de teléfono.

O Concello de Miño acaba de abrir as inscricións para participar na actividade de decoración de cabazas dentro da súa programación para o Samaín deste ano. As solicitudes estarán abertas ata o próximo 29 de outubro e as obras quedarán expostas na Fraga do Xarío desde o 30 ata o 2 de novembro.
Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos presentando unha cabaza por persoa ou por familia. Para inscribirse será necesario enviar un correo a comunicacion@concellodemino.gal co asunto “ Cabazas” indicando nome e número de teléfono.

Ao longo do venres 29 de outubro, as persoas participantes terán que trasladar as súas cabazas ata a Fraga do Xarío nun horario que se lles indicará con anterioridade. As pezas quedarán colocadas ao aire libre no percorrido, numeradas e fotografadas pola organización para a súa valoración no concurso.
Os premios inclúen unha cesta de agasallos para a cabaza máis terrorífica, outra para a máis divertida e unha máis para a máis orixinal. Lembramos que dentro dos requisitos para decorar está prohibido o uso de calquera tipo de vela, cirio ou iluminación que implique chama ou lume, ben sexa natural ou artificial.